Avaliación do taller por los responsables educativos do IES ARCEBISPO XELMIREZ II de Santiago de Compostela.
·············
Taller para la prevención del consumo de drogas en adolescentes.
(UTE-Teixeiro), coa colaboración da FUNDACIÓN BARRIÉ.
AVALIACIÓN DO TALLER DI
K NON AS DROGAS
O Taller sobre prevención do consumo de drogas levouse a cabo
con todos os alumnos de 3º e 4º da ESO, coa finalidade de reflexionar e chegar
a conclusión que “ CONSUMIR DROGAS NON É
UN XOGO”.
Desenvolveuse en dúas sesións :
- unha no noso Instituto onde un grupo de persoas pertecentes a
UTE (Unidade Terapéutica Educativa) de Teixeiro, acompañados polo coordinador
do taller, acudiu ao centro para desenvolver unha representación teatral, onde
se pon de manifesto, o fácil que é entrar no mundo das drogas e o difícil que é
sair deste entramado que nos envolve de forma proqresiva áta destruirnos tanto a nivel persoal como ao entorno que nos
protexe e nos quere ( familia).
A segunda sesión tivo lugar na UTE do centro Penitenciario de
Teixeiro. Alí acudimos unha representación de 32 alumnos acompañados por 3
profesores do centro. Nesta sesión os
membros da comunidade educativa, vivenciamos nunha situación carente de liberdade as consecuencias do
consumo e/ou uso destas sustancias
adictivas, algunas delas que por ser tan cercanas acaban provocándonos
certa familiaridade, impidíndonos exercitar a nosa capacidade de
reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables “ sendo eu mesma-o”.
Se a primeira sesión foi moi interesante, a segunda o foi moito
máis,valoración realizada tanto polos alumnos como polos profesores que os
acompañaron.
O Taller cumpriu de forma eficaz a totalidade dos obxectivos que
pretendíamos conseguir ( obxecto prioritario do desenvolvemento do taller):
• Participar de forma
activa nas diferentes tarefas(os alumnos foron protagonistas das súas propias
reflexións e conclusións).
• Participar como grupo
cohesionado nas asambleas en pequeno grupo.
• Tomar contacto con
persoas que pensaban e sentían como os nosos alumnos, que neste momento síntense víctimas das drogas.
• Valorar o custo
emocional-social que supón sair das drogas.
• Recibir información en
vivo e en directo sobre as consecuencias do uso
das drogas por persoas arrepentidas de tomar esa alternativa na súa
vida.
• Ser capaz de analizar
conceptos como:amigo, liberdade,familia,sentimentos,emocións, culpabilidade.
• Aclarar crencias
erróneas sobre o uso das drogas .
• Recoñecer
situacións que me presionan a tomar
decisións inapropiadas na miña vida. Como dicir k non.
• Tratar de
potenciar unha reflexión crítica nos
adultos tanto a nivel individual como institucional : Que estamos facendo mal?
Podemos presentar as institucións outras formas de relación entre xóvenes “ Ocio nocturno saudable para
xóvenes”.
Como conclusión :
Que cada persoa escribamos a nosa vida coa letra que nos
decidamos, non coa que nos impoña a sociedade en xeral e o grupo de iguais
”amigos” en particular.