viernes, 28 de noviembre de 2014

AVALIACIÓN DO TALLER DI K NON por el IES ARCEBISPO XELMIREZ .


Avaliación do taller por los responsables educativos do IES ARCEBISPO XELMIREZ II de Santiago de Compostela.
·············

Taller para la prevención del consumo de drogas en adolescentes. (UTE-Teixeiro), coa colaboración da FUNDACIÓN BARRIÉ.

AVALIACIÓN DO TALLER DI K NON AS DROGAS
O Taller sobre prevención do consumo de drogas levouse a cabo con todos os alumnos de 3º e 4º da ESO, coa finalidade de reflexionar e chegar a conclusión que “ CONSUMIR DROGAS NON É UN XOGO”.
Desenvolveuse en dúas sesións :
- unha no noso Instituto onde un grupo de persoas pertecentes a UTE (Unidade Terapéutica Educativa) de Teixeiro, acompañados polo coordinador do taller, acudiu ao centro para desenvolver unha representación teatral, onde se pon de manifesto, o fácil que é entrar no mundo das drogas e o difícil que é sair deste entramado que nos envolve de forma proqresiva áta destruirnos  tanto a nivel persoal como ao entorno que nos protexe e nos quere ( familia).

A segunda sesión tivo lugar na UTE do centro Penitenciario de Teixeiro. Alí acudimos unha representación de 32 alumnos acompañados por 3 profesores do centro. Nesta sesión  os membros da comunidade educativa, vivenciamos nunha situación carente de liberdade as consecuencias do consumo  e/ou uso destas sustancias adictivas, algunas delas que por ser tan cercanas acaban  provocándonos  certa familiaridade, impidíndonos exercitar a nosa capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables  “ sendo eu mesma-o”.
Se a primeira sesión foi moi interesante, a segunda o foi moito máis,valoración realizada tanto polos alumnos como polos profesores que os acompañaron.
O Taller cumpriu de forma eficaz a totalidade dos obxectivos que pretendíamos conseguir ( obxecto prioritario do desenvolvemento do taller):
    Participar de forma activa nas diferentes tarefas(os alumnos foron protagonistas das súas propias reflexións e conclusións).
    Participar como grupo cohesionado nas asambleas en pequeno grupo.
    Tomar contacto con persoas que pensaban e sentían como os nosos alumnos, que neste momento síntense víctimas   das drogas.
    Valorar o custo emocional-social que  supón  sair das drogas.
    Recibir información en vivo e en directo sobre as consecuencias do uso  das drogas por persoas arrepentidas de tomar esa alternativa na súa vida.
    Ser capaz de analizar conceptos como:amigo, liberdade,familia,sentimentos,emocións, culpabilidade.
    Aclarar crencias erróneas sobre o uso das drogas .
    Recoñecer situacións   que me presionan a tomar decisións inapropiadas na miña vida. Como dicir k non.
    Tratar de potenciar  unha reflexión crítica nos adultos tanto a nivel individual como institucional : Que estamos facendo mal? Podemos presentar as institucións outras formas de relación entre xóvenes “ Ocio nocturno saudable para xóvenes”.

Como conclusión :

Que cada persoa escribamos a nosa vida coa letra que nos decidamos, non coa que nos impoña a sociedade en xeral e o grupo de iguais ”amigos” en particular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario