Mañá nos trasladamos o
Colexio Compañía de María, sito na Rúa Ensinanza, en Santiago de
Compostela que foi
fundado no ano 1759 co desexo de dar resposta educativa as nenas de dita
cidade, baixo a titularidade da Orde da Compañía de María, Nosa Señora.
A
Compañía de María N. S., foi
o primeiro instituto relixioso adicado á educación da muller, fundado en
Burdeos en 1607 por Juana de Lestonnac (1556-1640), sobriña do
humanista francés Miguel de Montaigne.
A
intuición educativa de
Juana de Lestonnac foise concretando ao longo da historia de formas
distintas. O seu principal obxectivo encamíñase, dende a orixe, cara á
transformación da sociedade. A Compañía de María quere
realizar un servizo de interese público, abrirse a un diálogo con outras
instancias sociais e colaborar no proceso que ha de conducir á nosa
sociedade a atopar a súa propia identidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario