lunes, 8 de diciembre de 2014

COMPAÑÍA DE MARIA de Santiago de Compostela: Próximo taller.

 Mañá nos trasladamos  o Colexio Compañía de María, sito na Rúa Ensinanza,  en Santiago de Compostela que  foi fundado no ano 1759 co desexo de dar resposta educativa as nenas de dita cidade, baixo a titularidade da Orde da Compañía de María, Nosa Señora.
A Compañía de María N. S., foi o primeiro instituto relixioso adicado á educación da muller, fundado en Burdeos en 1607 por Juana de Lestonnac (1556-1640), sobriña do humanista francés Miguel de Montaigne.
A intuición educativa de Juana de Lestonnac foise concretando ao longo da historia de formas distintas. O seu principal obxectivo encamíñase, dende a orixe, cara á transformación da sociedade. A Compañía de María quere realizar un servizo de interese público, abrirse a un diálogo con outras instancias sociais e colaborar no proceso que ha de conducir á nosa sociedade a atopar a súa propia identidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario