miércoles, 24 de abril de 2013

PENULTIMA ETAPA: CPI. ALCALDE XOSÉ PICHEL de Coristanco

Estamos a punto de concluir nuestra segunda edición del Taller DI K NON. El próximo día 30, nos desplazamos al CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL de Coristanco, (A Coruña).

10 comentarios:

  1. Álvaro Mol Pena29 de mayo de 2013, 8:59

    Gran programa de concienciación, se estes proxectos se fixeran antes terían librado a moita xente dese mundo.

    ResponderEliminar
  2. Daniel Garda Taibo29 de mayo de 2013, 9:07

    Hola, son un alumno de 4º de E.S.O. do CPI Alcalde Xosé Pichel.
    Esta actividade foi das que máis me gustaron de todas as que realizamos no colexio, polo seu contido e pola importancia que vai ter nas nosas vidas, e quero resaltar o acompañamento musical, que fai que as emocións se mostren máis a flor de pel.
    Un saúdo e mil gracias pola visita.

    ResponderEliminar
  3. Este taller foi moi agradable, penso que tanto para os alumnos, como para os que se están rehabilitando. Na miña opinión foi un taller moi suxerente para os adolescentes, poidemos aprender moito. Sobre todo, para min foi unha experiencia que che fai ver a vida dunha meneira totalmente diferente. Animo aos compoñentes a seguir adiante con este proxecto porque gracias a eles moitos poden volver a refacer as súas vidas e poidemos comprobalo coa nosa visita ao cárcere. Experiencia que seguramente non volvamos a repetir e foi moi satisfactoria. É de agradecer que poidesemos vivir este taller. Grazas aos que axudan aos reclusos a rehabilitarse e moito ánimo aos reclusos que se estan rehabilitando que desde logo teñen moito valor e coraxe para enfrentarse a eso e intentar superar os problemas coa droga. Un saúdo e unha aperta moi forte. De novo, moitas grazas pola experiencia.

    ResponderEliminar
  4. Foi unha experiencia inolvidable.
    Aprendimos moitisimooo! Cunhas historias moi emotivas que nos fixeron saltar algunha que outra bágoa.Un saúdo.
    Asdo: Alumnas de 4º ESO XOSE PICHEL

    ResponderEliminar
  5. A min a visita pareciume moi interesante e emocionante, supoñendo ademais un cambio no meu punto de vista sobre as cárceres. Se por min fose volvería, e dende logo, encantoume o pequeno concerto ofrecido polos integrantes :)

    ResponderEliminar
  6. encantoume o traballo que realizamos en conxunto os alumnos do colexio CPI Alcalde Xose Pichel e os presos membros da UTE Teixeiro e gustaríame que se levase a cabo moitos anos mais porque é moi útil

    ResponderEliminar
  7. Para min a visita dos presos de Teixeiro foi moi beneficiosa. Déronnos un claro exemplo de superación diaria e demostraronnos que se tes forza de voluntade podes superar certas situacións complicadas polas que pasas. Malia non ir de visita ao centro penitenciario, a visita dos presos ao noso centro destacou pola súa sinceridade e expresión. A obra teatral mesturada coa canción deu moito que pensar sobre un certo futuro que desgraciadamente moita xente ten a mala sorte de ter. Para min foi un día moi interesante no que sacar partido para non cometer os mesmos erros no día de mañá. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Os dous días que estivemos convosco parecéronme moi interesantes.
    As actividades realizadas foron productivas e interesantes.
    A visita a Teixeiro foi moi boa, porque vimos que non todos os que están na cárcere son iguais. Hai xente que quere, o día de mañá, ter un futuro, uns estudios...

    ResponderEliminar
  9. Este programa deu a coñecer o mundo da droga na sua pura naturaleza e a verdade e moi dificil marchar dese mundo que nos dechedes a coñecer.
    Moitas grazas

    ResponderEliminar
  10. A mellor actividade educativa que fixemos ata o momento, impresionante, impactante, a única realidade, e grazas a este programa podemos ter máis conciencia das consecuencias das drogas.
    Moitas grazas.

    ResponderEliminar