viernes, 20 de enero de 2012

DI-K-NON NO CENTRO DE REEDUCACIÓN SANTO ANXO DE RÁBADE

O mércores 18, desprázamonos a Rábade para poñer en marcha, unha vez máis, o noso taller de prevención do consumo de drogas en adolescentes, que estamos a desenvolver por toda Galicia.
A esta xornada só asistiron os alumnos do centro Santo Anxo e algúns pais e alumnos dos concellos limítrofes, que foron informados por Beatriz, responsable do servizo de prevención de drogas do concello, xa que o IES Río Miño, da localidade non aceptou participar no taller, por problemas internos do propio centro.
Podemos considerar que o taller foi un éxito e a asistencia foi de 35 alumnos, educadores e o subidrector do centro educativo, que xunto coas familias presentes, fan un total de 55 persoas.
O próximo mércores 25, os recibiremos na UTE para realizar a segunda sesión coa que finaliza o taller.

No hay comentarios:

Publicar un comentario