O Taller


1.     INTRODUCCIÓN

O “Taller para a  prevención de consumo de drogas en adolescentes” da Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), súmase a tódalas iniciativas que intentan paliar unha realidade en aumento como é o consumo de substancias psicoactivas entre a poboación adolescente. Esta crúa realidade vese potenciada polos novos avances científicos acerca dos efectos nocivos do consumo de tabaco, alcohol e cannabis para o organismo adolescente. Ponse de manifesto, pois, os novos danos e riscos que comportan para a xuventude a iniciación cada vez máis cedo do consumo destas substancias.

O Taller pretende ser un instrumento de información e comunicación para dar a coñecer mellor a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

A nosa experiencia profesional, unida á vivencia persoal dos internos da Unidade Terapéutica Educativa (C.P. Teixeiro), permítenos conformar un equipo desde o que abordar este labor preventivo, desde un punto de vista obxectivo e multidisciplinar. Pretendemos crear un espazo natural de co-aprendizaxe, onde tódolos participantes construan coñecementos e valores, á vez que desenvolvan habilidades e actitudes a partir das súas propias experiencias, mediante a mutua interacción entre alumnos e alumnas, internos, profesorado, familias…) e, todo isto, supervisado polos profesionais da UTE.

Por qué dende a UTE, Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro?. Porque  as experiencias reais e auténticas de persoas xóvenes, relativamente próximas aos nosos adolescentes, favorecen que vexan como reais as situacións hipotéticas que se traballan. O contacto con persoas que coñecen de primeira man como se comeza, como nos autoenganamos e, tamén,  que aconsellan para evitar as graves consecuencias do consumo.


2. A QUEN VAI DIRIXIDO

O Taller para a prevención vai dirixido, especialmente, aos adolescentes por ser un grupo de idade de risco no inicio do consumo de sustancias altamente perigosas. 

Céntrase principalmente nos alumnos e alumnas de Secundaria e Bacharelato de toda a Comunidade Galega, aínda que, tamén, pretende chegar ao resto da Comunidade Educativa (familia, profesores…), porque a gran maioría dos nosos adolescentes estudan ata os 16 anos no marco da educación obrigatoria, de xeito que, os centros educativos son un marco moi axeitado para introducir estas actuacións preventivas chegando, así, á gran maioría dos adolescentes a través da súa escolarización e, ademais, ao resto de axentes educativos como as familias ou profesorado.

Por outra parte, os centros educativos poden facer unha gran labor de detección e prevención, pero necesitan que se lles bote unha man, facilitando información ao alumnado, favorecendo condutas abertas, un clima de mutua confianza e pautas de actuación e traballo. E outro tanto ocorre coas familias. 


3. DESCARGA DE DOCUMENTOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario